BO NADAL PARA TODOS

Falta moi pouquiño para o Nadal. Para moitas persoas é unha data "máxica" na que mostran a súa mellor actitude cara os demais. Para outras persoas é unha data triste, porque xa non están persoas moi importantes para eles, ou porque simplemente non lle gustan este tipo de celebracións.
Para todos nós o Nadal é diferente: para algúns ten un motivo relixioso, para outros unha festa moi familiar, para os nenos sempre é unha ilusión... De todos xeitos cada unha destas razóns é moi valiosa e importante.
Pola miña parte desexo que pasedes unhas felicíííííííísimas festas e que todos os vosos desexos se fagan realidade. Tamén espero que o novo ano nos traia un montón de cousas boas a todos.
Disfrutade moito destes días de vacacións!!!

<

1 comentarios:

vane rego dijo...

Moitísimas gracias e igualmente, felices festas e feliz ano novo!! a disfrutar das vacacións!!

Publicar un comentario